Restaurante Berenguela
O restaurante, con capacidade para 200 comensais, pon a disposición dos nosos clientes unha ampla oferta fundamentada na calidade dos produtos rexionais e do entendemento da arte culinaria do noso Chef.
A oferta gastronómica do restaurante Berenguela está apoiada pola variedade e intensidade da nosa carta de viños: rexionais, nacionais e de importación. O Hotel Puerta del Camino pon a disposición dos seus clientes 5 comedores privados adaptables, con capacidade de 10 a 50 persoas, onde poderán gozar da intimidade e o confort tanto con fins profesionais como de lecer.
